domingo, 18 de maio de 2014


DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Documental 'Nimbos de poesía'

Esta peza audiovisual, dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor endagido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a súa infancia e mocidade e onde el mesmo nos recita os seus textos máis significativos. Nese percorrido vital e literario, Díaz Castro detense a sinalar as persoas e acontecementos que incidiron na súa escolla do galego como lingua de expresión poética. No documental tamén se fai referencia ao feito de que Díaz Castro chegase a dominar case todas as linguas de Europa, feito que pode poñerse en paralelo con esa escolla do idioma da súa infancia para a súa produción literaria máis significativa. Gravado no ano 1987, o filme foi remasterizado para celebrar o Día das Letras Galegas 2014, dedicado ao poeta de Guitiriz.



En homenaxe ao noso poeta, celebramos  as Letras Galegas da man de Xosé María Díaz Castro, ...e como  dende Nimbos achegámonos aos seus poemas, á súa vida... a influencia de Aquilino Iglesia Alvariño para que escribise en galego.

E dende os tempos felices, das ilusións, como dice Xosé María, descubrindo a grandeza das cousas pequenas como manifesta no poema "Esmeralda" ...Herba pequerrechina... disfrutamos das sombras xogando cos  ollos, deixamos os Nimbos coma cinza de rosas que onte encheron de perfume o mundo  dalgún sono...as súas palabras.
E nos xogos, nas verbas, nos sorrisos, nos puntos para a tómbola ...tamén te atopamos.


domingo, 11 de maio de 2014


SEMANA DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Xosé María Díaz Castro

LIM para achegar á figura do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas aos nenos e nenas de Infantil e Primaria.



ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL








ACTIVIDADES PARA 1º CICLO





ACTIVIDADES PARA 2º CICLO







ACTIVIDADES PARA 3º CICLO





LIM REALIZADO POR CEIP PLURILINGÜE DE SAN XOAN DE FILGUEIRA CON ACTIVIDADES PARA TODOS LOS CICLOS

ACTIVIDADES LIM PARA TODOS LOS CICLOS







PASAPALABRA SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


PASAPALABRA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO









VIDEO SOBRE A VIDA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO









OBRADOIRO DE ARTE RUPESTRE - Manolo Ledo


O pasado 6 de maio  estivo no cole Manolo Ledo que achegounos  a arte ruprestre a través da pintura empregando diferentes tipos de pigmentos, coa técnica do soplado; aos petróglifos, ás súas expresións, manifestacións, ao descubrimento do lume, as ferramentas, a talla de bifaces,... este obradoiro fortalece o traballo desenvolto como proxecto de centro ao longo deste curso escolar: A arte rupestre e a súa contextualización na prehistoria.


domingo, 4 de maio de 2014


MARATÓN DE CONTOS

O pasado 30 de abril chegou a Barrantes o Maratón de Contos e os Contos de Noite para quen escoite.O Maratón de contos celebrouse durante toda a xornada escolar e os contos de noite dende as 21:00 ata ás 12:00 da noite.
Os contos, as historias, os monicreques, as representacións, e Filosofía inundaron a nosa biblioteca enchéndoa de sorrisos e bos momentos. A ilusión por contar, por escoitar estaba entre nós... que nunca se vaia! Gracias aos nosos peques que son os máis grandes, ás nosas familias, aos mestres, a Filosofía, e a todos os que dende o bo facer e sentir encenden a chispa da ilusión ...


xoves, 24 de abril de 2014


Este ano a nosa proposta foi crear un mercadillo de libros e contos para os cativos e cativas do cole. 
Primaria mercou o seu libro entregando unha poesía, rima, texto,... e os peques de infantil fixeron marcapáxinas para mercar os contiños. As cariñas de ilusión eran de foto...
- para min, para sempre?
- que si, que si. 
E non teño que devolvelo ?
- que no , que no.
- Podemos lelo agora?
- que si, que si.

Bicos de fantasía, de palabras, de ilusións...aí onde medran os soños e a fantasía.

E o vindeiro 30 de abril teremos o Maratón de Contos durante toda a xornada escolar e pola noite
" Contos de Noite para quen escoite" onde participarán os peques, familias, mestres,... Animádevos a contar !...seguro  imos ter unha sorpresa tamén ese día pero de momento non podemos dicir nada...eso si, ten moito que ver coas personaxes máxicas da nosa biblioteca.

Canción de Migallas- Imaxínate ( animación á lectura)

domingo, 30 de marzo de 2014


21 de marzo- Día da Poesía

En Barrantes fixemos unha exposición de poesía en formas de petróglifos a partires do proxecto da arte rupestre . Así naceron os Poeglifos. Pola tarde os lemos e fixemos lectura das nosas poesías preferidas en lectura colectiva. Esta semana ademáis os padriños lectores leron toda a semana poesía aos seus afillad@s.

domingo, 2 de marzo de 2014


entroido 2014

un brinco no tempo

O venres 28 celebramos o entroido no cole. O tempo pareceu facer unha tregua e deixounos disfrutar do evento con moitas ganas. Os clans do pasado vestíronse de futuro, e así dende a prehistoria demos un brinco no tempo para convertirnos en CAVERROCKS, O CLAN DA ESCURIDADE, CLAN DA HARMONÍA E SKATERS. Ata o meco estivo moi contento porque alomenos de momento non foi queimado. Os sorrisos acompañáronnos toda a mañá e disfrutamos moitísmo tamén coas familias, que como todos os anos preparan uns postres de entroido deliciosos para compartir todos xuntos entre fondos de Calcoboteiros. Moitas gracias, nenos, nenas, profes, familias, ...e bo entroido!


UN AGUJERO EN EL TIEMPO

Este conto foi elaborado polos nenos e nenas de 3º enmarcado dentro do proxecto de centro "Un brinco no tempo" facendo un percorrido dende a prehistoria e a arte rupestre ata a arte local.
 




martes, 18 de febreiro de 2014

CUERDAS
CUERDAS trailer from lafiestapc on Vimeo.
FICHA TÉCNICA
Productora / Production Company:  LA FIESTA P.C.
Director / Director:  PEDRO SOLÍS
Guión / Screenplay:  PEDRO SOLÍS
Fotografía / Cinematography:  JUAN JESÚS GARCÍA GALOCHA
Dirección Artística / Art Director:  JUAN JESÚS GARCÍA GALOCHA
Música / Music:  VÍCTOR PERAL
Sonido / Sound:  FERNANDO ROMÁN & VÍCTOR PERAL
Montaje / Editing:  PEDRO SOLÍS
Animación / Animation:  DAVID ORDIERES

Intérpretes / Cast

MIRIAM MARTÍN: María
BELÉN RUEDA: Profesora - Teacher

Sinopsis / Synopsis

La rutina de María en el colegio se verá alterada por la llegada de un niño muy especial. Pronto se convertirán en amigos inseparables.

Biofilmografia / Biofilmography

PEDRO SOLÍS (Barcelona, 15/10/1968) Viene del mundo del videojuego, en el que ha desarrollado diferentes tareas. Ha sido desde artista 3D a co-productor en numerosos títulos para PC y consolas. Ha participado como artista 3D en los cortos de animación "Tadeo Jones" y "Tadeo Jones y el templo maldito". Con "La Bruxa", su primera película como director y guionista, fue galardonado con el Premio Goya 2011 al Mejor Cortometraje de Animación y algunos otros premios importantes. "Las aventuras de Tadeo Jones" se llevó a cabo en 2012, película en la que trabajó como director de producción. "Cuerdas" es su segundo cortometraje como guionista y director:http://cuerdasshort.com